DiscoverVoces de Ferrol - RadioVoz"Narón reforza a coordinación policial, afronta críticas e celebra o seu día grande", di a alcaldesa Ferreiro
"Narón reforza a coordinación policial, afronta críticas e celebra o seu día grande", di a alcaldesa Ferreiro

"Narón reforza a coordinación policial, afronta críticas e celebra o seu día grande", di a alcaldesa Ferreiro

Update: 2025-11-19
Share

Description

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, realizou un amplo repaso á actualidade municipal con motivo da celebración do Día de Narón este domingo 23 de novembro. A rexedora destacou a recente aprobación dun protocolo operativo entre a Policía Local e a Nacional, un documento que, segundo explicou, “non se centra exclusivamente no narcotráfico, senón na coordinación diaria de actuacións”, poñendo por escrito procedementos que xa se viñan aplicando entre ambos corpos.
Sobre os asentamentos ilegais, como o de Freixeiro, Ferreiro subliñou que o Concello leva anos traballando coa entidade Acción Familiar e con Cáritas en programas sociais, sanitarios e educativos, ademais de solicitar recentemente unha subvención para facilitar o realoxo das familias. “O ámbito social é competencia municipal, pero o narcotráfico depende do Ministerio”, recordou.
A alcaldesa tamén abordou a polémica foto de dous concelleiros con Laureano Oubiña, que derivou nunha declaración institucional unánime de condena ao narcotráfico. Ferreiro admitiu que foi “un erro humano” e pediu desculpas, aínda que rexeitou “as acusacións persoais e políticas que pretenderon ir máis alá do sucedido”.
No ecuador do mandato, Ferreiro asegurou sentirse cómoda gobernando en minoría, aínda que lamentou que “ás veces as negativas chegan sen valorar as propostas”. En canto ás críticas veciñais por obras recentes, recoñeceu que existen contratacións “mal executadas de orixe” e que se están aplicando penalizacións e correccións.
De fronte ao Día de Narón, destacou o crecemento poboacional —a só 53 habitantes dos 40.000— e fixo fincapé no papel dinamizador da cultura e o deporte. A programación inclúe andaina, xogos populares, música tradicional, cantos de taberna e actividades infantís, ademais da continuidade da intensa axenda cultural no Pazo da Cultura. “Narón é orgullo, comunidade e traballo continuo para mellorar”, concluíu.
Comments 
In Channel
loading
00:00
00:00
x

0.5x

0.8x

1.0x

1.25x

1.5x

2.0x

3.0x

Sleep Timer

Off

End of Episode

5 Minutes

10 Minutes

15 Minutes

30 Minutes

45 Minutes

60 Minutes

120 Minutes

"Narón reforza a coordinación policial, afronta críticas e celebra o seu día grande", di a alcaldesa Ferreiro

"Narón reforza a coordinación policial, afronta críticas e celebra o seu día grande", di a alcaldesa Ferreiro